15 de nov. de 2017

Obradoiro Horta Agrelo (Proxecto Voz Natura)


Obradoiro de elaboración de colonias (1º curso de EP) e cremas (2º curso de EP), con productos 100% naturais. A nosa mestra na materia, Luz, amosounos como combinar os ingredientes e a maneira de envasar o produto final.

Saída á exposición de fotografía "Wildlife" a Pontevedra

Os nenos e as nenas de 1º e 2º de primaria desfrutamos coñecendo e rastrexando diferentes animais salvaxes. Encantounos ver as fotografías gañadoras do concurso europeo "Wildlife Photographer of the year 2017".  
No obradoiro do museo do Café Moderno puidemos elaborar
un arácnido que nos levamos como recordo da nosa visita.

Por último merendamos na Alameda e alí collemos o autobús
de volta.


2 de dec. de 2016

Saída á Estación Fitopatolóxica do Areeiro

O alumnado do 1º e 2º nivel visitamos a Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Ao longo da visita aprendemos sobre diferentes especies froiteiras e ornamentais, investigando como afectan os fungos ás plantas, recollendo diferentes sementes... Agradecemos a especial atención do persoal do centro. Velaquí unha pequena mostra da visita en imaxes.
                                                                                           

4 de nov. de 2016

VISITA CIENTÍFICA


Aprendemos sobre as enfermidades das plantas - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos unha visita do máis interesante, onde poidemos aprender e observar algunhas das enfermidades que soen ter as plantas e como se poden curar.

Estamos desexando que chegue o día para ir de visita á "Estación Fitopatolóxica Areeiro" e aprender moitas cousas máis.

8 de feb. de 2016

Actuación de 1º e 2º no Entroido 2016.

Os nosos rebuldeiros fixeron unha moi boa representación dos Dálmatas neste entroido. Estos cadeliños escenificaron e bailaron para todos os asistentes. Mirade que ben o pasaron!!